Comunicado da Xunta Reitora da C.M.V.M.C da Guarda sobre a “polémica” cos cazadores no Monte Santa Trega

Comunicado:

Ca calma que da o paso do tempo para facer unha reflexión seria, profunda e realista despois da “polvoreira” levantada (en moitas das declaracións vertidas nos medios de comunicación) particulares, partidistas e interesadas.

En primeiro lugar, poñer en coñecemento do público en xeral, que a maioría da polémica que se publicou non atinxe a esta Comunidade, dado que pola veira da estrada de Circunvalación nos temos máis que dous pequenos enclavados.

Segundo, que na zona por enriba de San Queitano, despois da parte urbana, si temos visto e a diario moitos veciños/as paseando, acompañados dos seus cans, algún soltos, sen bozo, e realmente a día de hoxe non ten xurdido ningún problema.

Non nos consta que os cazadores nese espazo fixeran ningún tipo de actividade, xa que coñecen ben e que saben que a parte comunal está definida como refuxio de fauna, ou o é o mesmo, non se pode cazar nin adestrar os animais. Nesta definición, levamos máis de dez (10) anos e a día de hoxe non temos tido ningún tipo de problemas cos cazadores.

Somos conscientes e estamos preocupados pola perigosidade da proliferación dos xabarís no Monte Santa Trega, un problema que ameaza a todo o noso pobo. Todos somos coñecedores da presencia de grupos de 8/10 comendo a veira dos contedores, cruzando as estradas ou esnaquizando as leiras que moitos dos nosos veciños limpan e fan plantación de produtos de consumo caseiro.

Moitos nos teñen manifestado a súa preocupación e enfado ante estes destrozos así como o risco que se presenta cando chegan a regar e os atopan dentro das súas propiedades. Esta mesma problemática dáse por todo o noso pobo con maior rutina cara o verán. Así mesmo, simplemente unha subida o monte, pode verse como a veira da estrada, tódalas zonas verdes están desfeitas polas fociñadas dos xabarís.

Queremos manifestar, que sempre que solicitamos dos cazadores que prepararan algunha batida para diminuír a poboación, sempre colaboraron con esta Comunidade de Montes, organizados e tramitando tódolos requisitos.

Deixamos claro, que o que acabamos de expoñer é referente a todo un colectivo, non sabemos si algún a título individual puido facer algo irregular, pero reiteramos que como colectivo teñen estado axudando e participando sempre.

Non podemos dicir o mesmo de “aqueles” que aproveitando a noite do día anterior, se adican a tirar “petardos” ou facer soar os coches para facer saír os xabarís das súas tobeiras e se vaian dos espazos onde se vai a levar acabo esa actividade.

Si pensaran no risco que se da cando cruzan a estrada o xabaril e baixa un coche, unha moto, bicicleta ou autobús e provoca unha manobra brusca, seguramente…..

Xunta Reitora

C.M.V.M.C.

Parroquia da Guarda