Converxencia Galega emitiu un comunicado sobre a súa postura sobre a aprobación do proxecto das obras de remodelación do pavillón da Sangriña.

Comunicado:

No Pleno Ordinario celebrado o pasado venres, tivo lugar o debate sobre a aprobación do proxecto das obras de remodelación do “Galpón-Pavillón Municipal”.

Diante da nota emitida polo sr. Alcalde aos medios de comunicación, dende este Grupo Político, queremos deixar claro e puntualizar ou matizar a información sesgada, cousa típica e habitual do Grupo de Goberno do PSOE.

1º).- A información completa e proxecto de obra, é unha mezcolanza plans e proxectos elaborados dende 2017 a esta data, mandados reunificar nun só documento que nos foi remitido o día xoves, 29 de xullo, documentación que NON pasou pola Comisión de Asuntos Plenarios nín de Asuntos Económicos, cousa que preceptiva, nunha palabra, se pretendía o apoio a este proxecto cos ollos pechados. En ningún momento informaron e pediron a opinión dos grupos da oposición. Eles que presumen de facer as cousas con tempo é ben, tiñan que telo aprobado onte, porque o luns remata o prazo de presentación da solicitude.

2º).- Non é certo que temos unha subvención de 600.000€, senón imos a presentalo para ver si hai sorte e nos conformaremos co que nos de a Deputación, o resto, se pretende cubrir con fondos propios do Concello de 1.000.000 de euros. Todo iso, para facer unha remodelación dunhas instalacións obsoletas e que non arranxan a problemática e a necesidade de ter un Pavillón Municipal acorde ca categoría do equipo do Atlético Guardés de balonmán. Pero ademais, que era a gran oportunidade para que realmente dispuxeramos duns espazos modernos e que foran de multiuso, para que puideran úsalo outras disciplinas deportivas, que neste momento teñen que adestrar en O Rosal, Tomiño ou Vigo.

3º).- Din que NON hai terreos onde construír ese Polideportivo que precisa o deporte guardés, e que a culpa a teñen os gobernos anteriores, porque non rexistraron ben as leiras que mercaron o arredor da Piscina Municipal. Despois de estar máis de DEZ anos gobernando, son tan bos que NON foron capaces de arranxar o asunto. Había que saber cantos metros cadrados mercaron dende que o PSOE entrou a gobernar a día de hoxe para facerse con máis espazos.

4º).- Todos sabemos que os piares do Pavillón Municipal tiveron que ser anillados e cubertos con cemento, para poder atrasar un pouco máis a oxidación que teñen, temos mal a extructura e queremos poñelo “bonito” para que non desentoe de fondo cando se faga a “foto oficial” nosa máxima autoridade. Unha nova instalación, eliminaría a problemática do alumnado de A Sangriña, de ter que usar unhas deportivas que non danen o parquet da pista de xogo. Isto é un dicir, porque logo vemos como pasan persoas con zapatos  normais.

5º).- Entre os que votaron a favor, escoitamos a xustificación de que deste xeito, podería converterse en multiuso este “galpón-pavillón” que xa cumpriu seu ciclo “vital” é precisa a súa substitución por outro máis amplo, moderno e multiuso, o que non hai e vontade de facer nada polo progreso de A Guarda. Este Equipo de Goberno está esgotado e a vista dos veciños está a imaxe diaria de deixamento e abandono, o mesmo tempo que outros concellos nos superan en avance e progreso. ¡¡Que ben nos viña agora o diñeiro malgastado na compra do Campo de “Fínola”.

6º).- Queda a gran pregunta, ¿Onde vai adestrar e xogar o Atlético Guardés, mentres se fan as obras? Di o Sr. Alcalde que en O Rosal ou Caminha, ¿É os equipos desas localidades van trocar o seu calendario de preparación e competición? ¿Non era preferible deixar o actual “Galpón-Pavillón” para adestramento e poñer en marcha unhas obras a un ou a varios anos é facer as instalación que este pobo necesita?.

7º).- Reiterar que dende Converxencia Galega, apostamos pola construción dun novo Pavillón Municipal adaptado a época actual e non a arranxos que non resolven a problemática existente e custan máis que unha obra nova.