O Comando Ghichas e Area Loura, convocan novamente unha concentración na Ramallosa o vindeiro venres, ás 20:00 horas para berrar contra a violencia machista tras o asasinato de Soledad Rey Valverde a mans do seu ex-marido en Mañufe-Gondomar.

«Con estas concentracións queremos algo máis que visibilizar e condenar os asasinatos machistas e amosar a nosa dor e raiba, tamén esixir que se tomen medidas contundentes tanto no eido da educación e a concienciación como na revisión dun sistema de prevención e protección ás vítimas claramente ineficaz», sinalan