ALFREDO

O alumnado de 5° A e B de primaria do CPI de Cova Terreña (Baiona), está desenvolvendo o programa «Salvavidas», do Plan Proxecta da Xunta sobre Doazón e Transplantes de órganos e Tecidos.

Con tal motivo, este martes, ás 12:30 horas, teñen o seu primeiro relatorio na aula de quinto A do colexio de Fontes, con técnicos da Coordinación Autonómica de Transplantes de Galicia. O alumnado vai traballar nunha campaña que titularon Doa, é doado!.