Que é Xuliva Historia e Paisaxismo? E quen era Xuliva? Se queredes sabelo, aínda teredes que esperar un pouquiño, polo de agora aqui vai a nosa primeira actividade. Non a perdades se queredes saber ben de que vai isto.

É o galego unha lingua con futuro na Guarda?. Os últimos datos sociolingüísticos alertan dun descenso de case un 50% de falantes de galego en apenas dúas xeracións en Galiza. Na Guarda, a caída é dun 26% nos últimos dez anos e, segundo os últimos datos, xa só o 60% dos residentes no Baixo Miño usan a nosa lingua de forma habitual. Entre os/as adolescentes da Guarda, só un 20% declara falar galego acotío.

Ante esta situación, no curso 2017/18 se decidiu elaborar, co alumnado de 3º da ESO do IES A Sangriña, un documentario que ilustrase este lento máis continuado proceso de declive. Por qué cada vez falamos menos galego? Somos conscientes as persoas da Guarda de que estamos a deixar morrer o noso maior patrimonio colectivo? Debemos facer algo para reverter esta situación?.

Velaí o debate. Convidamos a todas os guardeses a visualizar connosco este proxecto documental no Centro Cultural o próximo xoves 16 de maio ás 20:00 horas, e a elaborar, entre todas/os, unha reflexión colectiva que nos permita pór a andar as medidas necesarias para que a nosa lingua continúe a ser o elo fundamental da nosa riqueza cultural, social e económica.