O concello da Guarda adxudicou esta semana as obras de iluminación ornamental do Centro Cultural da vila, actuando na fachada principal e na oeste, así como nas escaleiras de acceso e a zona axardinada da parte posterior.

Esta iluminación ornamental está xa en funcionamento dende o pasado mércores, 8 de maio. Para este proxecto empregouse iluminación de tipo LED, con temperaturas de cor entre 3000k e 4000k, cumprindo cun aforro enerxético optimizado e destacando áreas específicas deste emblemático edificio co obxectivo de atraer a mirada cara a zonas, detalles ou particularidades arquitectónicas interiores ou exteriores, engadir profundidade ou texturas e matizar o aspecto xeral deste emblemático edificio da vila.

Esta iluminación conta cun sistema de programación horaria automatizado para poder controlar o acendido e apagado da mesma.

O financiamento desta actuación realizouse a través do plan concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.