Mercado municipal de Tomiño
RUBENS // Mercado municipal de Tomiño

Tras unha exitosa celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Tomiño continúa coas súas Barferencias; charlas de carácter informal, organizadas polo grupo de voluntariado local, que terán lugar este sábado, de 12:00 a 13:00 horas, na cafetería do Mercado Municipal.

Centradas na posta en valor do medio rural e no emprendemento social, esta vez a charla irá sobre innovación no sector agroalimentario; co exemplo do calabizo (chourizo vegano de cabaza), unha iniciativa de tres mulleres que foi seleccionada dentro dos proxectos a impulsar nunha aceleradora de empresas.