Segundo Converxencia Galega da Guarda «cada pouco aparece unha sorpresa nunha zona distinta do noso pobo, aínda que as autoridades “vivindo no mundo de Yupi” non se decatan de nada, ou nos bombardean ca propaganda das súas grandes realizacións”.

Este xoves, a chamada dun veciño, «alertounos da situación de alto risco do Auditorio da Praza Roxa, na visita, podemos constatar tamén o seu estado de abandono, onde non se ten feito ningunha reparación en anos, e onde a súa faciana non foi limpada nos derradeiros vinte anos», sinalan.

Dende Converxencia Galega, consideran que «unha imaxe vale máis que mil palabras, e as fotografías que aportamos son suficientemente aclaratorias da realidade existente nese lugar. Solicitamos a inmediata intervención municipal para que da maneira máis urxente se actúe no lugar»