Cruz Vermella en A Guarda organiza un curso de informática básica dirixido a maiores de 55 anos, no que poderán participar ao redor de 15 persoas. Terá lugar os luns e Venres do mes de Xuño en horario de 10.30 a 12.00h na aula Cemit situada no Centro cultural de A Guarda.

Co paso dos anos, algunhas funcións psicolóxicas poden resultar afectadas de diferente forma. Co fin de evitar ou retrasar a aparición do deterioro cognitivo, é recomendable realizar actividades destinadas ao exercicio da memoria que axuden a manter e potenciar as diferentes capacidades cognitivas, e canto antes se inicien mellor. A informática é unha destas actividades.

Aquelas persoas que estean interesadas nas novas tecnoloxías e na aprendizaxe do uso do ordenador, terán que inscribirse neste obradoiro na oficina que Cruz Vermella. Trátase dunha actividade financiada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Para máis información:

Asamblea Comarcal Cruz Vermella Baixo Miño

Rú Agustín nandín Lomba, nº1 Baixo

Telf.. 986 61 46 09

Mail. laguardia@cruzroja.es