El Concello de Nigrán con las banderas a media asta
ALFREDO // El Concello de Nigrán con las banderas a media asta

«O Goberno de Nigrán non aplica a base orzamentaria relativa aos salarios do persoal do concello que establece que en ningún caso o persoal laboral con xornada completa terá unhas retribucións inferiores a 13.863,78 euros anuais ou a parte proporcional no caso de persoal a tempo parcial. Isto último supón que o persoal contratado coa subvención do Plan Concellos que se lle vai abonar o salario mínimo vai cobrar 105 euros menos mensuais cando traballe a tempo completo«, así o indica o voceiro de Nigrán Decide, José Cuevas.

«Estas subvencións«, sinala, «están orientadas principalmente a colectivos mais vulnerables como poden ser, no caso do Plan Concellos, as persoas desempregadas, onde se da prioridade ás vítimas da violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas con familia monoparental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixas ou ás que teñen cargas familiares».

«A estas persoas no ano 2018 o Goberno de Nigrán preferiu aplicarlle o Salario Mínimo Interprofesional aprobado polo Goberno do Partido Popular, entre un 10 e un 40 % menos que aos salarios recollidos nos convenios colectivos aplicábeis«, finaliza o voceiro de Nigrán Decide.