Teatro Aloia
Teatro Aloia

A promoción do deporte será un dos eixos da programación prevista mañá mércores, 24 de abril, dentro das festas de San Telmo. No novo pavillón municipal, na rúa Coengo Valiño, de 11:00 a 14:00 horas, os nenos e nenas dende os 6 anos poderán practicar bádminton, xadrez e tenis de mesa da man dos clubs Bádminton Tui e Xadrez Tui.

Por outra parte, a construción dun barco con material de refugallo centrará as actividades infantís  para nenos e nenas de 5 a 16 anos que, dende as 11:00 horas se celebrarán na Área Panorámica.

Ás 16.30 horas terá lugar a proxección da película “Tadeo Jones 2”, dentro da programación de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.

Ás 17:00 horas a Coral San Telmo de Tui actuará na Residencia Paz e Ben.

Na terceira xornada da XI Semana de Teatro Amado, ás 21:00 horas, no Teatro Municipal de Tui, o grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis estrea “Tres sombreiros altos”.  As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30 h ao prezo de 1,5€.