ALFREDO // Instalaciones de la pista de Skate en A Guarda

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará o martes duas novas achegas para os concellos de A Guarda y Nigrán, dentro da Liña 1 do “Plan Concellos 2018”. Estes investimentos supoñen preto de 165.000 euros.

Pola súa banda, o concello de A Guarda recibe por parte da Deputación 79.739,65 € que destinará á construción do skate-park Atalaia. O goberno de Carmela Silva xa destinou á Guarda 709.500,91 euros do Plan Concellos 2018, o que supón o 52,6%.

Así mesmo, a Deputación destina 84.643,17 euros ao concello de Nigrán para o acondicionamento da rúa Igrexa-Chandebrito. A institución provincial xa destinou a Nigrán 404.854,59 euros, isto supón o 23,69% do plan.