La Plaza de O Seixo y el Concello de Tomiño.
ALFREDO

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno un novo investimento para Tomiño con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019.

En concreto, 216.348,37 euros cos que a vila poderá financiar a mellora da seguranza viaria e o acondicionamento do camiño de entrada a Estás.

Máis polo miúdo, a actuación implica a pavimentación do camiño, replantexamento das instalacións urbanas, substitución da rede de alumeado público, adecuación da rede de pluviais, axardinamento e dotación do mobiliario urbano.

Ademais, proponse unha plataforma única como solución idónea da convivencia entre peón e vehículo, redución da velocidade permitida de circulación a 30km/h mediante sinais con pintura reflectante e verticais.