O Cineclub Poleiro proxecta este xoves, ás 21:30 horas, no auditorio de Goián o thriller sueco «El Cairo Confidencial».

O filme conta con guión e dirección de Tarik Saleh. Foi premiada coa Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid e mellor Película Internacional en Sundance (2017)

Sinopse:

Un detective corrupto, cun futuro brillante no corpo de policía, antepón o facerse rico ao seu traballo. Debe investigar a aparición do cadáver dunha muller nun hotel. Vai avanzando na identificación, nas conexións e ao tempo vai descubríndose a si mesmo.

Por outro lado, o xoves 9 de xaneiro, proxectase a película de cine fantástico, Lazzaro Feliz, da directora italiana Alice Rohwacher, premiada ao Mellor Guión en Cannes e o Premio Especial do Xurado en Sitges (2018).

Sinopse:

Lazzaro, un campesiño de excepcional bondade vive nunha aldea lonxe do mundo controlada pola marquesa Alfonsina de Luna .Alí os campesiños son explotados e abusan da súa bondade. Un día coñece ao fillo da marquesa e comenza unha amistade que leva a lazzaro á través do tempo a coñecer o mundo moderno.

O cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño.