Imagen promocional de Porto Cabral

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, uniuse á Plataforma Polo comercio Local “Non a Porto Cabral” por unha causa común: a defensa do modelo de comercio de proximidad e a oposición á instalación en Vigo do macrocentro comercial de  Porto Cabral.

A plataforma creouse a inicios de novembro, representando ao comercio de 5 concellos (Vigo, Cangas, Moaña, Bueu e O Porriño), sumándose nos últimos días os comerciantes de Redondela (AER), Salceda de Caselas, e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, que ten asociados de Baiona, Nigrán e Gondomar.

Esta plataforma reúne xa ó 90% dun sector que defende que o mellor para o comercio local e impedir a creación do macrocentro Porto Cabral, pois suporía un golpe mortal ao pequeno comercio local e á hostelería, coa pérdida estimada duns 6.000 empregos estables, un problema que afectará a Vigo pero, especialmente, aos pequenos negocios dos concellos limítrofes.

Por iso, onte a Plataforma tivo unha reunión na sede dos comerciantes de Redondela, que acaba de sumarse a este movemento, onde deron a benvida as novos colectivos o programaron as accións que se van levar a cabo nas vindeiras semanas.

A recollida de firmas online “Por el comercio de Vigo y su área, NO a Porto Cabral” do portal Change.org, que segue activa, complementarase co reparto en toda a comarca de 100.000 dípticos informativos e a través dos que se poderá firmar esta petición dixitalmente mediante un código QR que len os móviles.

En total, este plataforma en defensa do comercio local representa a uns 15.000 comerciantes, ademáis doutras asociacións que tamén amosaron o seu respaldo a esta iniciativa, entre elas, as ecoloxistas e medioambientais, Verdegaia, Amigos da Terra e Asociación Lagares Vivo.

En Vigo, xunto aos colectivos impulsores desta iniciativa, FECOVI, Aetravi (Travesas) e Aceca (O Calvario), están representadas as asociacións de comerciantes de Zona Príncipe, do entorno do Hospital Xeral, Pi y Margal e Navia. A última incorporación foi a Asociación de Comerciantes de Bouzas.

A través desta plataforma queren explicar a súa total oposición ao macroproxecto previsto por Intu Eurofund na zona de Liñeiriños e piden o respaldo das autoridades locais e autonómicas para evitar a desaparición do 25% do comercio de proximidade, de negocios hostaleiros e doutros sectores vinculados ós pequenos negocios locais. De feito xa se tiveron as primeiras reunión con dirixentes da Xunta e de varios representantes municipais.

Esta plataforma insiste en denunciar a información interesada e manipulada que se está a dar á cidadanía sobre o macrocentro Porto Cabral, avisar do que sería a destrucción de miles de empregos estables que sosteñen as economías familiares si este proxecto vai adiante, ademais de ir en contra do modelo de cidade e de consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos.

Por iso pide as autoridades que non apoien ningún tipo de iniciativa que poida dar luz verde a este proxecto e que se senten cos comerciantes para escoitar a súa opinión neste tema.

O comercio local en Vigo e a súa área da traballo a unas 30.000 persoas, catro veces máis que o traballo directo que xera a fábrica de Citroën en Vigo. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%. Polo que é un colectivo cun peso específico ao que se debe escoitar.

As principais reivindicacións da Plataforma son:

  • Pérdida de 6.000 empregos no pequeno comercio en Vigo e área.
  • Problema global que afectará a uns 20.000 negocios de Vigo e dos concellos do entorno.
  • Desertización dos barrios e rúas ca instalación de megacentros nas aforas da cidade.
  • Aumento do uso do vehículo privado e das emisións de CO2, creación de máis residuos e altísimo consumo de enerxía.
  • Destrucción de 600.000 m2 de monte verde.
  • Este proxecto non encaixa no modelo de cidade e de consumo que defendemos e que promoven as directivas da Unión Europea.