ALFREDO // Iago Pereira, voceiro BNG de Baiona

O vindeiro Xoves 21, a partires das 20:30 horas, o Bloque Nacionalista Galego realizará no Hotel Tres Carabelas un encontro aberto a todos os baioneses que estean interesados en realizar as achegas e opinións que consideren no Proceso Adiante da formación nacionalista.

Este profundo proceso de debate e refundación foi acordado na pasada XV Asemblea Nacional, celebrada no Palexco da Coruña, sendo unha aposta decidida de reevaluación e renovación no que é a maioritaria organización nacionalista.

Ao encontro aberto asistirá Serafín Otero, membro do Consello Nacional do BNG, estando acompañado por Xosé M. Marcote, concelleiro en Baiona e recién elexido membro da Executiva Nacional.