Guardesiña en la CEMMA

Un total de 74 entidades sen ánimo de lucro veñen de ver aprobadas as súas axudas para actividades de dinamización da lingua galega na provincia de Pontevedra durante este ano 2019.

Segundo explicou a deputada de Lingua María Ortega, na comarca do Baixo Miño resultaron beneficiadas catro entidades cunha achega de 5.564, mentras que na do Val Miñor resultaron beneficiarias tres entidades cunha achega de 5.118 euros.

En concreto, no Baixo Miño foron tres colectivos do concello de Oia, Asociación Costa dos Castros (647 euros), Amigos do Mosteiro de Oia (1.000 euros) e Asociación Santa Eugenia de Mougas, (2.181 euros), xunto cun de O Rosal, Agrupación Musical do Rosal, (1.736 euros) os que recibirán as contías aprobadas en Xunta de Goberno para diferentes actividades.

No val Miñor son tres os colectivos que recibirán as axudas da Deputación. En Baiona será a Escola de Danza Vila de Baiona, cunha achega de 2.181 euros. En Gondomar a Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, que recibirá 1.335 euros e finalmente a Coordinadora para o Estudio dos Mamiferos Mariños (CEMMA) recibirá unha achega de 1.602 euros.

As axudas para a dinamización do galego pretenden impulsar e fomentar o uso do idioma en todos os ámbitos sociais da provincia mediante o apoio a actividades de entidades sen ánimo de lucro.