ALFREDO// Papelera en el paseo marítimo de Panxón en la mañana de San Juan

A proposta de Nigrán Decide aprobada polo pleno este xoves, cos votos a favor de todos os grupos, agás o Partido Popular, que se abstivo, consiste en facer extensiva a bonificación a todas as familias con ingresos inferiores ao salario mínimo interprofesional, actualmente restrinxida unicamente a persoas en paro e pensionistas, excluíndo aos chamados traballadores pobres.

A proposta foi presentada polo grupo municipal despois de que “o Goberno municipal incumprise o acordo plenario aprobado por unanimidade no pasado mes de xuño, no que se instaba ao goberno municipal a presentar antes do día 10 de setembro de 2017 aos grupos municipais unha proposta de reforma das ordenanzas fiscais que procedesen, co obxecto de establecer unha política fiscal máis xusta e progresiva, especialmente no referente ás bonificacións” explican dende Nigrán Decide.

Parece que a este goberno resúltanlle suficientes as bonificacións fiscais de gobernos anteriores que, como quedou de manifesto na moción, son inxustas pola súa falta de progresividade”, sinala José Cuevas, voceiro de Nigrán Decide.

Concretamente, na taxa do lixo excluíase a todas as familias que ingresan menos do salario mínimo interprofesional, e o titular do recibo non estea no paro máis de seis meses no ano anterior. Por poñer un exemplo, estaban excluídas desta bonificación as persoas que tiñan un traballo precario no verán, por non levar máis de seis meses en paro, ou o persoal do Concello que este goberno se empeñou en que cobrase menos do salario mínimo”, finaliza Cuevas.