ALFREDO // Sede IEM en Gondomar

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) convídaos a asistir este venres, ás 20:30 horas, ao primeiro faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”, no que intervirá a voceira do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón.

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM) e moderará a xornada David Reinero (Xornalista).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.