Gondomar humanizará la plaza de A Paradela para conectarla al parque de A Coelleira
Infografía de la plaza de A Paredela del arquitecto Pablo Muíños

Segundo indicou CABE nun comunicado de prensa, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, levou no punto nº 3 da orde do día do Pleno da Corporación municipal do mes de marzo celebrada este venres o Expediente 1801/2017, relativo o proxecto Praza Paradela, correspondente á aprobación dos Pregos de claúsulas económico administrativas que rexerán a contratación da Reforma de dita praza, que conta con un montante de obra 800.000 euros».

«Ante a denuncia feita por parte do grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto sobre a situación do expediente que non cumpría cuns mínimos de legalidade e transparencia na acción de goberno ao ter os informes dos técnicos desfavorables, faltándolle ás autorizacións e cesións preceptivas por parte da Xunta, e mesmo requirido pola propia Deputación para a subsanación do proxecto presentado, o Sr. Alcalde manifestou que isto non era verdade, que os informes eran correctos, que todo estaba en marcha e que era urxente a contratación xa que a obra debería estar rematada en abril de 2019, e que por iso o levaba á sesión plenaria para a súa aprobación«, aseveran dende CABE.

Para CABE «Ferreira faltou unha vez máis á verdade. A proba evidente e irrefutable disto é que chegado o momento de tratar este asunto no Pleno, retirouno da orde do día. Se todo estaba perfecto por que o retirou?. Un retrato acaído e recorrente do xeito de facer e xestionar os asuntos públicos do alcalde de Gondomar, consistente en dicir e facer o primeiro que se lle pasa pola cabeza sen medir as consecuencias dos seus actos, facendo o que lle peta, obviando as recomendacións e informes dos técnicos municipais e recorrendo cada vez máis a informes externos. Todos sabemos onde acaba iso«.

«Dende o noso grupo municipal recomendámoslle, unha vez máis , ao alcalde que se cinga á legalidade, leve en debida forma o expediente e o presente no Pleno con todas as garantías. E non trate de buscar atallos que non levan a ningures«, dicen.

«Por certo, o prazo de execución da obra non remata, como manifestou o Sr. Ferreira en abril de 2019 senón o 30 de xuño de 2019. Esperemos que os actos do Sr. Ferreira non leven aparellada a perda dunha subvención pública de case 1 millón de euros», finalizan.