O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán, ofrece este domingo pola tarde un día adicado aos máis cativos coa festa da auga e da escuma na Praza do Concello e, a última hora, o circo para nenos de Cultura no Camiño ‘Monólogo na mar e forzudos’  no Paseo Marítimo de Panxón.

Deste xeito, a Praza do Concello acollerá de 17:00 a 20:00 aproximadamente unha festa da auga a cargo do Rei Midas que inclúe un tobogán inchable xigante e unha festa da escuma de cores.

Xa ás 20:00 horas, no Paseo Marítimo de Panxón, será a quenda do circo infantil ‘Monólogo no Mar e Forzudos’, un espectáculo de Circo Chosco no que dous auténticos atletas unen a idiotez e a forza para dar lugar a un show visual e divertido cheo de escenas olímpicas, malabares, acrobacias, números de incríble forza.