Onte, no parque de A Ramallosa en Nigrán, tivo lugar un mítin de Galicia En Común Anova- Mareas, no cal interviron o candidato á presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino e as tres primeiras candidatas por Pontevedra, sinalaron as deficiencias da comarca coma o transporte e os verquidos da Foz.

Antón Gómez-Reino garantiu que se goberna vai aplicar o artigo 30 do Estatuto de Autonomía, poñendo en marcha todas as competencias industriais, de sanidade e educación, así como tamén de facer fronte ó reto medioambiental.

Eva Solla trasladou que no ano 2016 levouse ao Parlamento galego a proposta de dar vida á Residencia de Tempo Libre de Patos, xa que existen múltiples posibilidades como transformala nunha residencia para mulleres vítimas de violencia de xénero, unha alternativa temporal habitacional para as persoas que quedan na rúa por desafiuzamentos, entre outras.

Iria Figueroa falaba da problemática do transporte que existe na contorna e do plan que leva Galicia En Común no seu programa para reverter a problemática a cal viuse agravada pola pandemia.

Marcos Cal, denunciou a situación da contaminación das Rías Baixas, en especial da Foz, situación da que foi coñecedor tras unha previa reunión coa Plataforma pola protección da Foz do Miñor.

Os catro recordan que «este domingo hai que ir votar para botar a Feijóo da Xunta de Galicia».