Get Out
Get Out

O cineclub Poleiro proxecta este xoves, ás 21:30 horas no auditorio de Goián, Get Out, Déixame sair, unha película estadounidense dirixida por Jordan Peele. Un retrato do racismo en EE.UU disfrazado de cine de terror.

Sinopse:

Un mozo afroamericano visita á familia da sua noiva branca, un matrimonio adiñeirado. A película narra dous días de desacougo cando a parella vai pasar unha fin de semana ao carón dos pais dela. Un triller psicolóxico mesturado con medo e terror, unha serie de descobrimentos, cada vez máis inquedantes, levan ao protagonista a descubrir unha verdade inimaxinable.

Por outro lado, o xoves 3 de decembro chega The Square, película sueca dirixida por Rubén Östlum. Trata sobre a publicidade que rodea unha instalación de arte, e as reaccións que provoca. Ganou a Palma de Ouro en Cannes no 2017

O xoves 10 de xaneiro proxectarase «En cuerpo y alma», comedia húngara, o séptimo traballo da directora Ildycó Enyedi. Unha inusual historia de amor nun lugar inusual, un matadoiro no que traballan os dous protagonistas.

O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.