En referencia á data sinalada do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Gondomar quere apoiar todas estas iniciativas que se están levando adiante con motivo da devandita celebración.

A Concellería de Igualdade, convoca a todas as mulleres de Gondomar a unirse á folga xeral do próximo xoves e secundar as distintas manifestacións e actos que están organizados para ese día, como medidas de concienciación e sensibilización sobre a situación de discriminación das mulleres no ámbito laboral e en todos os ámbitos da sociedade.

Ás 12:00 horas farase unha concentración na Praza do Concello na que se lerá un manifesto por parte das concelleiras.

O lema desta campaña é: “O día 8 de marzo se as mulleres paramos, o mundo párase”, deu pé e motivo para que este día non se faga ningún tipo de actividade. Nas oficinas do CIM, a partir deste martes haberá carteis alusivos a este tema para aqueles que queiran solicitalos e facerse con eles.