Os Ventos de Comesaña

O Concello de Gondomar pon en marcha un programa de actividades denominado “Gondomar en Galego” que abarca a literatura, a música, o teatro e incluso o deporte.

O alcalde da vila Condal, Paco Ferreira, destacou que “a literatura galega e o noso idioma son unha parte fundamental da nosa cultura e da nosa identidade, pero esta forma parte de un todo que tamén inclúe a gastronomía, a cultura, e incluso o deporte”.

Por elo, segundo o rexedor municipal, “este ano programamos unha serie de actos moi variados para achegarnos a nosa lingua e a nosa cultura dende perspectivas e ámbitos moi diferentes”.

Así, os actos comezarán o día 13 coa Festa da Empanada, que en colaboración con OVALMI se prolongará ata o día 17 de maio.

O día 15 deste mesmo mes, a Agrupación Musical de Vincios, en colaboración con Espazo Lectura, levará a cabo un espectáculo poético musical a partir das 19:00 horas na Praza da Paradela.

Xa o mesmo día 17, Día das Letras Galegas, comezará na xornada de mañá coa Festa da Bici do Val Miñor con saída e chegada diante da casa do Concello de Gondomar. Ese mesmo día pola tarde, terá lugar un acto que se iniciará as 18:30 horas na mesma praza da Paradela no que calquera cidadán que o desexe poderá participar coa lectura de un fragmento de calquera obra literaria en galego. Para apuntarse a esa actividade deberán remitir un correo a cultura@concellodegondomar.gal cos seus datos persoais e indicando o texto elixido.

Esta xornada rematará cunha actuación a cargo da «Asociación Folclórica tradicional Os Ventos de Comesaña”.

Como colofón a estes días de actividades, o día 29 está programada una visita a Catoira para acudir a representación da obra “As 8 da tarde cando morren as nais”, a cargo do Centro Dramático Galego. Para os interesados en acudir haberá un autobús gratuíto dende Gondomar. Para anotarse a esta actividade deberán facelo a través da taquilla electrónica do Concello.