O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, oferta tres cursos gratuítos para maiores de 55 anos empadroados no municipio:

Os cursos son os seguintes:

  • Ximnasia e mantemento.
  • Informática Básica.
  • Talleres Estimulación de Memoria.

Este luns, comeza o curso de Ximnasia e Mantemento para Maiores, co fin de tratar de previr, estimular e mellorar as capacidades físicas a través de diversas actividades e promover un envellecemento activo. A duración é de todo un ano, exceptuando as vacacións de Semana Santa e xullo e agosto, todos os luns, mércores e venres, en duas quendas de 45 minutos.

Outro dos cursos é o de Informática Básica para Maiores, onde aprenderán o manexo de programas básicos informáticos de uso cotiá, así como potenciar o uso das novas tecnoloxías da comunicación e información nese colectivo. A duración é de 10 meses, dende febreiro ata decembro exceptuando as vacacións, e impartirase os mércores e xoves, en horario de tarde, dende as 16:30 ata 18:00 horas.

A maiores, continúase un ano máis cos Talleres de Estimulación de Memoria para Persoas Maiores, onde se levan acabo diversas actividades co fin estimular as funcións mentais, manter activos aos usuarios en todos os niveis, mellorar o estado anímico, fomentar as relacións sociais, en definitiva, mellorar a súa calidade de vida. A duración do curso e dende febreiro ata xullo, dous días a semana, martes e xoves, en dous quendas de hora e media cada un.

As inscripcións faranse no Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar.