Gondomar se cubrirá de alfombras florales para celebrar el Corpus
CEDIDA // Imagen de las alfombras florales en Gondomar.

O Concello de Gondomar ven de elaborar, xunto co IEM (Instituto de Estudos Miñoranos), a primeira guía do municipio e que vai presentar en FITUR.

A guía forma parte da información que o concelleiro de Turismo, Antón Arauxo, enviuo a FITUR para que Gondomar participe nesta cita do turismo internacional.

Dentro do folleto explicativo inclúense un mapa no que se localizan ata noventa e cinco puntos de interese etnográfico, paisaxisticos e arqueolóxico. Con ela, non só os visitantes coñecerán Gondomar senon que os propios vecinos poderán descubrir unha parte fundamental da riqueza do municipio: pontes, cruceiros, igrexas, mamoas, petroglifos, castros, pazos, etc.

Gondomar participará en FITUR dentro do stand de TurGalicia; a guía estará dispoñible tamén nas dependencias do Concello, e en hoteis e hostais que así poderán ampliar a súa oferta turística entorno a vila.