A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste «EuRural» concluíu a pasada semana o seu programa formativo «O ben feito, ben parece» na Guarda, coa entrega de diploma aos participantes.

O curso contou con 16 alumnos, que se formaron durante 36 horas en técnicas de escaparatismo, presentación de produtos, paquetería comercial e visual merchandising, completando as prazas ofertadas no municipio entre o 23 de maio e o 8 de xuño.

A formación dirixiuse tanto a os comerciantes e emprendedores do GDR 14 como a persoas desempregadas con interese no comercio de proximidade. Nesta liña, o seu obxectivo é o de impulsar o crecemento e mellora do comercio local, ampliando os coñecementos relacionados coa venta e favorecendo, a un tempo, a xeración de novos postos de traballo.

«O ben feito, ben parece» continuará o seu itinerario formativo no concello de Nigrán durante o mes de setembro. O vindeiro ano, Tomiño e Mos acollerán o curso, no que poderá inscribirse calquera persoa que resida no territorio do GDR 14. As persoas interesadas poderán consultar a oferta formativa e inscribirse na páxina web da asociación.

Sobre “EuRural”

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste «EuRural» é a entidade encargada de levar a cabo no territorio do GDR 14 (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui) a Medida europea LEADER 2014-2020 para o desenvolvemento das zonas rurais.

O pasado ano, a asociación decidiu crear a Escola EuRural como unha ferramenta a través da que canalizar todas as accións formativas que se desenvolver no territorio. En 2018, impúlsanse dende a escola dous itinerarios formativos os itinerarios formativos para a poboación do rural: «O ben feito ben parece» e «Coas mans na masa». Este último céntrase na elaboración artesanal de conservas e chegará á Guarda en febreiro do próximo ano.