Esta mañá, realizouse na Casa dos Alonsos a entrega dos dous últimos Premios da Educación 2019 que o Concello da Guarda facilita ao alumnado empadroado no municipio e que finaliza Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos de formación profesional cos mellores expedientes académicos.

Neste caso entregáronse os premios a Claudia Gómez Lomba, de 4º da ESO, e Olalla Fuentefría Jareño, do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas, ámbalas dúas do IES A Sangriña.

Estes recoñecementos entréganse co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os e as persoas mozas o Concello da Guarda.