O IEM organiza unha xeira por Morgadáns

Maña mércores 2 de agosto, gozaremos dunha nova xeira polo concello de Gondomar na parroquia de Morgadáns.

A xeira levará por título “A propósito da etnografía”, dentro do programa das xeiras de verán 2017 do IEM, que será guiada polo especialista Antonio Soliño Toncoso.

A xeira ten como punto de encontro o local do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. Da Feira, 10 baixo Gondomar) ás 18:00h.