Alto do Cervo, Vila Nova de Cerveira

O Próximo sábado 13 de maio, o IEM organiza unha xeira guiada polo Baixo Miño e Portugal percorrendo as localidades de Goián, Vila Nova de Cerveira, Estás e Amorín.

A saída do autobús será as 8:00 horas da explanada do pavillón de Gondomar. Para anotarse á xeira haberá que chamar ao IEM ao telefono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00 horas, ou escribir un correo electrónico a oficina@iem.gal. O Prezo é de 33 euros para os socios e de 28 para os non socios. O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, co seguro, o xantar, e a guía.

Programa

De mañá:

A xeira comenzará no Alto do Cervo, dende onde hai unha panorámica da paisaxe. Alí se farán unhas explicacións xerais. Logo se baixará á Atalaia do Espírito Santo, o Forte de Lovelhe e Vila Nova de Cerveira. Xantar en Goián.

De tarde:

Se visitará Goián: A Concepción, As Chagas e O Forte de San Lourenzo. Este sería o conxunto que construíron os portugueses no seu territorio e no noso. Logo se irá ao Castelo de Medos en Estás, feito polos galegos para evitar o paso dos portugueses cara a Tui.

Se finalmente houbese tempo, visitaríase a Fortaleza de Amorín no concello de Tomiño que pertence xa a outro conxunto.