Os vindeiros días 27 e 28 de setembro, no torreiro vello de festas de Parada, Nigrán, vaise a celebrar a segunda edición do Parada Metalfest, o único do Val Miñor para os amantes do Metal en todas as súas variantes.
Programa
Venres 27:
- A partir das 22:00 horas actuarán: Zona Zero, Teresacto e Kalambrazo.
Zona Zero.
É unhas das bandas máis veteranas do panorama vigués, tras 18 anos percorrendo estradas e dando concertos e con un disco gravado “La Ira de los Mansos”, achegase a Parada coas súas letras cheas de contundencia e melodía e cunha actitude combativa que é a marca desta banda.
Teseracto:
Veñen do Concello de Mos. Banda formada no 2015. Este ano foron finalistas do Concurso Sonidos Mans 2019. Definen a súa música como un estilo power core, cheo de riffs contundentes e letras intensas e profundas.
Kalambrazo:
É unha banda local de Nigrán. Presentarán o seu rock intuitivo, regalando versións de temas coñecidos así como outros propios. Os seus compoñentes son Mauro, Polo, Crispín e Pablo.
O sábado 28:
- Dende ás 20:00 horas actuarán: Sulf-Atar, Brutal, Kuna de Odio, Salvaje e Lapsus Mentis.
Sulf-Atar:
É unha banda ponteareán de agrometal, caraterizada por uns riffs variados e potentes acompañados por unha moi traballada posta en escena. Os seus integrantes son Makoie a voz, Stoura e Jons as guitarras, Nerkaten a bateria e Devil ao baixo.
Brutal:
É unha banda mítica da escena pontevedresa, despois de compartir escenario con bandas como Soziedad Alkoholika ou Beer Morsh e de tocar en grandes festivais no Pais Vasco e en Madrid, veñen a presentarnos o seu último traballo “ Grita más Fuerte”
Kuna de Odio:
É un enxendro de laboratorio, tal e como eles se definen. Repiten no cartel e aproveitarán para presentar o seu novo frontman Markos. Os asistentes ides recibir de Kuna unha boa ración de death metal de sanación e meditación.
Salvaje:
É unha banda de Vigo formada por tres amigos no 2014, cunha soa intención, dar a coñecer as súas inquedanzas a través da música, unha das súas premisas e tocar, tocar e tocar. Sintense influenciados por estilos como o hardcore, punk, stoner ou o rock.
Lapsus Mentis:
Son outros que repiten cartel. Grupo vigués formado no 2010. Deixanse influenciar polo metal en xeral e o thrash metal dos oitenta en particular. O seu repertorio está formado por temas propios, baseados na critica social. En 2017 gravaron o seu cd “Traición a la Verdad”.
Os asistentes disporán de servizo de cantina e bocadillos a prezos módicos, así como os que o desexen poderán mercar distinto material das diferentes bandas.