La instalación de Burguer King, Decathlon, Lidl, Norauto, Worten y AKI en Porto do Molle genera 185 empleos
Imagen aérea de Porto do Molle, Nigrán

Nigrán Decide inicia unha campaña informativa entre os pequenos comerciantes sobre a ampliación de Porto do Molle que está negociando o Goberno de Nigrán coa Zona Franca e os seus posíbeis efectos sobre o pequeno comercio.

«A ampliación que o Goberno local está negociando á marxe da corporación municipal, prevé o crecemento do polígono de Porto do Molle en 250.422,63 m2 de uso terciario, nos cales se poden construir 95.160,60 m2, segundo se desprende da ficha urbanística referida ao SUD 11 publicada na web municipal. Hai que precisar que o uso terciario comprende comercio, os usos de oficinas, almacén, hoteleiro e hostaleiro, recreativo e espectáculos, non estando incluídas as industrias», sinala o voceiro de Nigrán Decide, José Cuevas.

«A pesar do que afirma o Goberno municipal, non se trata dunha reserva para unha hipotética ampliación de Porto do Molle, pois na normativa do PXOM indícase que as obras de urbanización teñen que comezar 12 anos despois da aprobación do PXOM, a partir do cal poden instalarse grandes centros comerciais que, na práctica, será o principal uso desta ampliación, tal como está deseñada», indica Cuevas e matiza que, «na práctica, isto pode supoñer a morte do pequeno comercio en Nigrán. Cómpre lembrar que as consecuencias das decisións urbanísticas prodúcense moitos anos despois, como pasa agora coa construción dun gran centro comercial en Porto do Molle, previsto no 2005 no plan de sectorización do polígono«.