O vindeiro xoves, ás 20:00 horas, no Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), Joaquín Araújo presentará o seu novo libro “Somos agua que piensa”. Acompañará ó autor o director do IEM, Juan Hermida.

Joaquín Araújo é un polifacético naturalista con máis de 50 anos de traxectoria no estudo e divulgación do medioambiente. Guionista e director de numerosas series documentais, colaborador asiduo en medios radiofónicos e de televisión, conferenciante e agricultor.

Foi o único español en recibir en dúas ocasións o Premio Nacional de Medio Ambiente e recibiu tamén o Premio Global 500 da ONU.

Como escritor, Joaquín Araújo colabora con diversos blogs e columnista de varios diarios. Ten publicados 114 libros, todos eles dedicados á Natureza.

Joaquín Araújo colaborou con naturalistas tan prestixiosos como Félix Rodríguez de la Fuente na súa serie documental “El hombre y la Tierra” ou na enciclopedia Salvat de Fauna.