Panxón

O alcalde socialista de Nigrán e candidato ás eleccións municipais do 28 de maio, Juan González, continúa esta semana coa presentación da súa nova candidatura polas parroquias con Panxón, o venres 19 de maio ás 20:30 horas no local da Asociación de Veciños, e o domingo 21 en Chandebrito ás 12:00 horas no bar da rúa Igrexa.

As seguintes citas serán o xoves 25 ás 20:30 horas no Centro Cultural ‘A Camoesa’ e o venres 26 ás 20:30 horas a clausura da campaña na Alameda da Ramallosa.

Nestes encontros o rexedor explica máis polo miúdo os investimentos previstos para cadansúa parroquia e presenta un a un á lista que o acompaña.

CANDIDATURA SOCIALISTA

  1. Juan A. González Pérez. Alcalde de Nigrán. Historiador. San Pedro
  2. Rubén Rial Sánchez. Teniente de Alcalde. Concelleiro de Vías e Obras, Limpeza, Servizos Urbáns e Seguridade. Bombeiro do GES. Nigrán
  3. Diego García Moreira. Concelleiro de Urbanismo, Mobilidade, Medio Ambiente, Réxime Interior e Persoal. Avogado-Economista. Camos
  4. Sara Penedo Vázquez. Panxón. Licenciada en Ciencias do Deporte. Panxón
  5. Estela Pérez Pérez. Chandebrito. Licenciada en Maxisterio. Chandebrito
  6. Bibiana Peixoto Iglesias. Concelleira de Servizos Sociais. Mestra. San Pedro
  7. Roberto Garrido Pereira. Nigrán. Licenciado en Historia. Nigrán
  8. Cristina Dosil Valverde. Concelleira de Turismo, Xuventude e Participación Cidadá. Operaria de automoción. Parada
  9. Patricia Diego Travieso. Concelleira de Igualdade, Voluntariado e Comercio. Perruqueira. San Pedro
  10. Alfonso Vázquez Pérez. Concelleiro de Sanidade, Abastos, Mercados, Turismo Social e Festexos Populares. Xubilado. Parada
  11. María Esperanza Mayán Areal. Concelleira de Terceira Idade. Auxiliar de Enfermaría. Camos
  12. Ladislao Alonso Valverde. Concelleiro de Relacións Veciñais, Medio Rural e Actividades Marítimas. Xubilado. San Pedro
  13. Mariluz Pérez. Concelleira. Xubilada. Camos
  14. Aurea Brión Toucedo. Panxón. Xubilada. Panxón
  15. Alfonso Suárez Gameiro. San Pedro. Xubilado. San Pedro
  16. Luis Sanromán Román. Concelleiro de Deportes. Xubilado. Priegue
  17. Marina Vidal Lorenzo. Concelleira de Educación. Mestra. Panxón
  18. Joaquina Barros Sanromán. Secretaria de Alcaldía. Diplomada en Relacións Laborais. Panxón
  19. Luciano Iglesias Costas. Chandebrito. Xubilado. Chandebrito
Chandebrito