Tras a esmagadora vitoria de onte nas urnas, o alcalde en funcións de Nigrán, Juan González, concedeu esta mañá unha entrevista a Telemariñas na cal agradece a todos os veciños o seu voto e a súa confianza para levar as rendas do Concello os vindeiros catro anos.
González obtivo 13 dos 17 concelleiros da corporación, e comprometese a continuar gobernando na mesma liña, é dicir, “con consenso, participación, transparencia e proximidade”. «Agardábamos un bo resultado pero é certo que superou os mellores pronósticos, o noso compromiso e seguir gobernando así, poñendo ás persoas por riba de todo, non ímos a cambiar«.
Entrevista completa a Juan González.
Composición da nova corporación:
PSOE
1. Juan A. González Pérez (Alcaldía) San Pedro
- Raquel Giráldez Armas. Panxón. Teniente de Alcalde.
- Diego García Moreira. Camos. Concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Persoal
- Rubén Rial Sánchez. Nigrán. Concelleiro de Vías, Obras, Limpeza, Servizos Urbanos e Seguridade
- Nuria Lorenzo López. Chandebrito. Catedrática de Canto, solista e directora coral
6.- José Luis Sanromán Román. Priegue. Concelleiro de Educación e Deportes
- Alfonso Vázquez Pérez. Parada. Concelleiro de Sanidade, Relacións Veciñais e Comercio
- Bibiana Peixoto Iglesias. San Pedro – Vilariño. Mestra.
9.Marina Vidal Lorenzo. Panxón. Mestra.
- Patricia Diego Travieso. San Pedro. Perruqueira.
- Cristina Dosil Valverde. Parada. Empregada automoción.
- María Mayán Areal. Priegue. Auxiliar de enfermaría.
- Ladislao Alonso Valverde. San Pedro. Xubilado.
PP (4 Concelloiros)
- Carlos Abal Valverde
- María José Pino Fernández (Nigrán).
- Álvaro Pereira Sanromán (Panxón).
- Javier Alborés Miguez (Parada).