Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza este venres 15 de novembro, ás 20.00 horas, na vella estación do tranvía da Ramallosa, unha charla-coloquio na que se presentará o libro “Liberdade para o galego” da autoría de Elsa Quintas e Marcos Maceira.
Elsa Quintas Alborés, avogada, escritora e videpresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística falará nesta charla-coloquio sobre a situación sociolingüística do noso idioma, o seu marco legal e as múltiples dificultades que existen para o exercicio dos dereitos dos galego-falantes e para a normalización da lingua en todos os ámbitos sociais de comunicación.
O acto será presentado pola secretaria do Ateneo de Nigrán, Delfina Meire.