Pleno celebrado en Nigrán
ARCHIVO // Imagen de un pleno celebrado en Nigrán.

José Cuevas, voceiro de Nigrán Decide, quere manifestar que “o goberno non consensuou os orzamentos de Nigrán; só incorporou, de xeito parcial e insuficiente, algunhas das achegas feitas polo noso grupo municipal”.

Entre as achegas de Nigrán Decide non incluída está “unha emenda presentada en xaneiro ás bases de execución orzamentaria do borrador dos orzamentos do Concello de Nigrán do ano 2018 para suplementar o salario do persoal do Concello que cobra o salario mínimo”.

Nigrán decide considera que o “Salario Mínimo Interprofesional non é adecuado para ningún posto de traballo, polo que na emenda que presentamos establecíase que en ningún caso o persoal do Concello poida cobrar menos de 13.863,78 euros anuais con xornada completa, o que supón algo menos de 1.000 euros mensuais. Con esta medida, no Concello de Nigrán cumpriríase a Carta Social Europea, que establece que o salario mínimo non debería ser inferior ao 60% do salario mínimo. Nigrán Decide volverá presentar formalmente esta emenda no pleno deste xoves“, indica Cuevas.

Por outra banda, Nigrán Decide tamen propón o aumento de partidas para o ensino orientada ás becas de libros escolares e unha partida para inmersión lingüística.