cocina CEIP Humberto Juanes

Manifesto Miñor criticou nun comunicado de prensa o abandono que segundo eles están a sufrir os comedores escolares dos colexios públicos do municipio por parte do goberno municipal de Gondomar.

«A importancia da existencia dos comedores escolares nos centros públicos de ensino resultou ser unha conquista social de primeira orde levada a cabo polas ANPAS ao longo de moitos anos, e que demostrou ser unha peza fundamental na posibilidade de conciliar a vida laboral das nais e pais cunha atención axeitada aos fillos. En Gondomar, a maiores conseguiuse hai anos que a xestión dos mesmos pasara de ser leva a cabo polas propias ANPAS, ao ser realizada polo Concello, o que permite reducir custes, maior control do servizo, etc….. Iso foi así durante a estancia no Goberno Municipal de “Manifesto Miñor” e grazas á preocupación e á colaboracións coas ANPAS da nosa concelleira delegada do servizo, Rocío Cambra», sinalan dende a formación política .

«Despois das pasadas eleccións municipais e do goberno con maioría absoluta do PSOE e de Paco Ferreira, a cousa comezou a cambiar a peor malia ter un goberno municipal con 7 dedicacións de nove, entre elas a da concelleira encargada de velar polo bo funcionamento dos comedors escolares: a concelleira de Benestar Social. Como exemplo dicir, que a día de hoxe, a empresa adxudicataria do servizo e os traballadores responsables do mesmo que serven as comidas nos colexios, aínda non coñecen á devandita concelleira«, afirma Rocío Cambra, Concelleira de MM-EM.

«Esta desidia por parte da Concelleira responsable e do propio Alcalde«, di, «está levando a unha relaxación na prestación do servizo, e en consecuencia, ao seu deterioro no cumprimento das cláusulas do contrato; falta de persoal (escaso), ou que os lavalouzas instalados pola concelleira de MM, Rocío Cambra sigan sen funcionar cando están perfectamente instalados a día de hoxe (coa excepción do CEIP Chano Piñeiro)».

«Asemade, denunciamos publicamente o incumprimento expreso do compromiso do Sr. Alcalde de ampliar o comedor do CEIP Souto-Donas, que polas súas reducidas dimensións, os nenos vénse na obriga de facer dúas quedas para comer, o que crea unha evidente incomodidade no alumnado que usa este servizo tendo que xantar ás présas, etc«, asegura.

«Dende Manifesto Miñor, recollendo as queixas de moitas nais e pais usuarios do servizo de comedor escolar, instamos publicamente ao Goberno Municipal: á concelleira responsable do servizo e ao propio Sr. Alcalde, a que se poñan a traballar xa, pois a educación, os comedores escolares e a posibilidade de conciliar a vida laboral e familiar de pais e nais debe ser unha prioridade municipal por riba da propaganda e o postureo nas redes sociais aos que nos teñen acostumados. E ademais, e como xa se dixo, porque son un goberno municipal moi ben pagado, cuxas liberacións nos custan a todos os gondomareños máis de 350.000.-€/ano«, finaliza Cambra.