Manifesto Miñor en Marea presentou unha moción no Concello de Gondomar para esixir do Goberno Galego e da Consellaría de Sanidade, que coa máxima urxencia, proceda a completar o cadro de persoal necesario para o Centro de Saúde de Gondomar, «toda vez que estamos a falar dun centro que ten que atender a unha poboación de case 15 mil habitantes, sen contar os desprazos que aumentan xustamente no verán».

«O malestar da sociedade galega en xeral e da veciñanza de Gondomar en particular a respecto da situación da sanidade pública é evidente. A pandemia do COVID-19 o único que fixo foi poñer en evidencia unha realidade que vén de lonxe e que agora se manifesta con toda a súa crueza deixando ver o traballo sistemático de  desmantelamento da sanidade pública que os diferentes gobernos do PP levan facendo dende hai anos. Por se alguén tiña dúbidas, o obxectivo non é outro que reforzar e aumentar as medidas privatizadoras incluso, provocando que sexan os propios doentes os que neste momento acudan á sanidade privada na procura da atención presencial que non teñen ou, simplemente pra evitar esperas nas consultas que o único que xeran é desesperación» apunta Antonio Araújo Quintas, concelleiro do Grupo Municipal de MM-EM.,

«Todo isto- di Araújo– está acontecer no Centro de Saúde de Gondomar. Por exemplo: durante o verán a Consellaría de Sanidade por “aforrar” en contratacións (outro capítulo aparte son as contratacións en precario do persoal de todo tipo) non substituíu co rigor necesario o persoal médico, o de enfermería ou o persoal administrativo. Dun total de 6 médic@s e 6 enfermeir@s , durante moitos días no verán só estiveron traballando 2 médic@s de mañá e  idem co persoal de enfermería e de administración. Pois ben, o resultado  desta situación ademais das demoras, cambios nas consultas, liñas telefónicas colapsadas, aumento da atención telefónica en detrimento da presencial, problemas coas receitas nas farmacias tendo que mercar os propios doentes aqueles medicamentos que era posible mercar sen receita, etc, tec, Todo isto, ademais de poñer ao persoal do Centro de Saúde ao límite do humanamente soportable, levou a que a Consellería de Sanidade, antes que resolver os devanditos problemas, a partires do luns 31 de agosto, decidira PECHAR as consultas de tarde«.

Por todo isto, propoño ao Pleno da Corporación Municipal:

1º.- Esixir do Goberno Galego e da Consellaría de Sanidade, que coa máxima urxencia, proceda a completar o cadro de persoal necesario para o Centro de Saúde de Gondomar, toda vez que estamos a falar dun centro que ten que atender a unha poboación de case 15 mil habitantes. sen contar os desprazos que aumentan xustamente no verán.

2º.- Demandar da devandita Consellaría a erradicación definitiva da precariedade nos contratos ao  persoal sanitario e non sanitario, facéndolle contratos dignos e estables.

3º.- Esixir da Consellaría de Sanidade a reapertura inmediata das consultas de tarde, polo seu interese para centos de veciñ@s, e  previa reposición do persoal necesario pra mantelas funcionando en condicións.

4º.- Transmitir o apoio e o alento desta Corporación Municipal a todo o persoal do Centro de Saúde de Gondomar, sen cuxo traballo, profesionalidade e entrega, a situación derivada da Pandemia do COVID-19 en Gondomar sería moito peor.