ALFREDO // Plaza de Abastos de Gondomar

Nun comunicado de prensa a os medios, Manifesto Miñor fai un chamado a os praceiros a dialogar para resolver a situación da praza de abastos e apoia ao concelleiro de Comercio, X. Antón Araúxo.

Comunicado:

Dende a Candidatura de Unidade Veciñal e do grupo municipal de “Manifesto Miñor”, diante da problemática xurdida na Praza de Abastos de Gondomar, queremos facer pública a nosa postura:

1º.- Manifestar o noso total a poio e respaldo ao concelleiro de Comercio, X. Antón Araúxo, polo seu impecable labor a favor do comercio local de Gondomar en xeral, e da Praza de Abastos en particular.

2º.- Deixar claro o noso respecto absoluto e escrupuloso ao dereito dos praceiros a se manifestar e a dar a súa opinión. Lamentamos que este tipo de posicionamentos pechados ao diálogo, nin favorecen a imaxe da Praza de Abastos nin aos negocios dos proprios praceiros.

3º.- A necesidade de regularizar administrativa e legalmente a situación dos praceiros é inaprazable, entre outras razóns para poder optar aos programas e axudas de Europa, do Estado, da Xunta, etc. Sen ese requisito non é posible acceder ás mesmas, polo que sacar a concurso os postos baleiros non resolvería o problema.

4º.- Aclarar que non se trata dunha subasta de postos como se está dicindo públicamente con insidia e mala intención. Trátase dun concurso publico regulado por unas bases e axustado á Lei, unas bases que por certo lle dan 15 puntos sobre 50 de vantaxe aos praceiros da Praza de Abastos.

5º.- O funcionamento da Praza de Abastos de Gondomar, suponlle ao Concello una carga considerable que financia toda a veciñanza cos seus impostos co obxectivo de que sexa un elemento dinamizador da económia local por ser un elemento singular que non todas as Vilas teñen. A cidadanía de Gondomar debe saber que os praceiros establecidos nela, ademáis de facer un uso exclusivo dun ben público e municipal, non pagan a auga, a luz, a recollida de lixo, a taxa de sumidoiros, a contribución (IBI), correndo tamén por conta do Concello a limpeza diaria, a desratización e desinsección regulares, ou as obras de mantemento. Todo isto por unas cotas que van de 87€ a 406€/ ANO por posto… Velaí a necesidade de poder acceder ás axudas externas.

6º.- Por último, dicir con claridade que ninguén dos actuáis praceiros vai perder o seu posto, entre outras razóns e a maiores dos 15 puntos de vantaxe, porque actualmente hai 12 postos baleiros que levan anos nesa situación.

Dende aquí facémoslle un chamado a todos aos praceiros a dialogar para resolver unha situación da que todos imos sair beneficiados; a que presentes as suas propostas antes do 25 de maio, co compromiso de nos xuntar o día 26 para valorar a situación.