Nun comunicado de prensa, Manitesto Miñor asegura que na construción da praza da Paredela de Gondomar, cunha extensión de 3.000m/2, usaronse nunha boa porcentaxe de metros cadrados lousas de granito de 12 cm en lugar de 15 como estaba proxectado.
“Nos orzamentos que Manifesto Miñor ten solicitado á empresas do sector, constátase unha diferencia de 6€ por m/2 como mínimo. Por tanto, estamos diante dun sobrecuste inxustificado que se achega aos 20.000€”, apuntan dende MM.
Dende Manifesto Miñor solicitan que se faga unha peritaxe, con catas, para constatar a superficie total na que se empregou pedra de 12cm en lugar dos 15cm presupostados. “Nas certificacións de obra, xa recibidas e validadas polo concello, tampouco figura esta circunstancia, nin aparece compensación algunha para o erario público por esta falta de volume”, afirman.
Asimismo, indican que se comprometen a facer unha auditoría no vindeiro mandato municipal de todas as obras encargadas desde a alcaldía neste período, “para evaluar se as adxudicacións ás empresas adxudicatarias e os montos gastados, se empregaron como indica a Lei da contratación pública”.