Manifesto Miñor presenta unha moción en defensa dos dereitos das persoas LGTBI
Bandera tricolor

A membro de Manifesto Miñor e concelleira de Benestar Social de Gondomar, Rocío Cambra Castro, levará a pleno a defensa da diversidade sexual e de xénero e dos dereitos das persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, transexuais e intersexuais a través dunha moción coa que, ademais, solicitará o apoio da Corporación Municipal as reivindicacións do colectivo LGTBI.

O día 28 de xuño celebrarase o nacemento do movemento social e reivindicativo dos dereitos do colectivo LGTBI, con motivo do aniversario das revoltas de 1969 en Greenwich Village (Nova York) nas que a comunidade homosexual neoiorquina se enfrontou á opresión e persecución de persoas gais, lesbianas e transexuais por parte das institucións e da sociedade.

Corenta e sete anos despois deste fito histórico na loita polos dereitos humanos, debemos seguir apoiando e loitando a prol dos dereitos e liberdades da poboación LGTBI; o aumento dos delitos de odio LGTBI fóbicos, a serofobia e a exclusión sociolaboral de persoas seropositivas,  a exclusión e marxinación das persoas transexuais así como as lexislacións actuais en moitos países (que criminalizan o colectivo LGTBI), etc. son indicios claros de que aínda temos moito traballo por facer no ámbito da diversidade sexual e de xénero.

No estado español, a pesar dos avances da sociedade actual, sobre todo a partir da aprobación da Lei 13/2005 na que se recoñece o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, o colectivo LGTBI segue a ser obxecto de continuos actos discriminatorios, moitas veces de carácter violento (delitos de odio).

A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (FELGTB) vén de publicar o seu Informe sobre delitos de odio e incidentes discriminatorios por orientación sexual e identidade de xénero en no Estado Español para o ano 2015, no que se pode observar unha duplicación dos casos de menores que sufriron delitos de odio por orientación sexual ou identidade de xénero con respecto ao ano anterior. Este colectivo, as mozas e mozos vítimas de actos de odio, de acoso ou ciberacoso, nomeadamente no ámbito socioeducativo, constitúe un grupo especialmente vulnerable.

A mesma moción será presentada, por rexistro, nos Concellos de Nigrán e Baiona e manteranse contactos coas forzas políticas nacionalistas e de esquerda para que a apoien e defendan a moción nos seus respectivos plenos.