Una actuación del humorista Cándido Pazó

Nesta fin de semana Tomiño despide o mes de outubro con “Historias Que Veñen E Van”, da man do gran Cándido Pazó, que compartirá contos, comedia e outras lerias, mañá sábado, ás 22.00 horas, no auditorio de Goián.

As entradas, a un prezo simbólico de 2 euros, poranse á venda en taquilla, unha hora antes da función.

Por outra banda, en novembro, comezan as aulas da Escola de Teatro para persoas adultas, nenos e nenas (aínda hai tempo para inscribirse en Escola Municipal de Teatro). Tamén comeza o programa Reactívate, para persoas maiores de 55 anos.

Lembrar, ademais, que continúa aberto o prazo de inscrición na actividade Xogando En Familia, destinada a nenos/as a partir de 6 anos e seus pais, irmáns, nais, avós, avoas… neste obradoiro as familias compartirán xogos tradicionais e construirán xoguetes cos que xogaban os seus e as súas maiores, o que servirá para dalos a coñecer ás nenas e nenos e, á súa vez, facer un repaso pola historia. Asemade, os pequenos terán a oportunidade de ensinarlles aos seus pais e avós, os xoguetes e xogos actuais. O 1, 15, 22 e 29 de decembro de 10.00h a 14.00h (inscricións en: Xogando en Familia).

Por último, aínda existe a posibilidade de inscribirse no curso de Francés Básico II, en http://tomino.gal/frances-basico-ii.