O homenaxeado Odilo Dosil

Nigrán celebra este sábado, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, a súa primeira ‘Gala do Deporte’, na que se premiarán a 40 deportistas de todo o municipio que son referente en diferentes disciplinas. Trátase dun evento aberto ao público e no que, ao finalizar o mesmo, terá lugar a actuación do grupo miñorano The Mirror, con temas propios de funk, rock ou soul.

O nome dos premiados non se desvelará ata o propio momento da Gala, pero o Concello sí desexa dar a coñecer xa as seis mencións especiais coas que homenaxeará a persoas retiradas ou clubes extintos que marcaron a vida deportiva do municipio. Así, renderase tributo:

  • Jorge Souto e Odilo Dosil, dous históricos presidentes dos clubes de fútbol Racing Vilariño e Priegue Club de Fútbol.
  • Javier Álvarez e Loli García, atletas. El olímpico en México 68 e Munich 72 e ela, campioa de diferentes títulos nacionais e europeos e bronce en 5.000 metros nos Mundiais de Búfalo 1995.
  • O Club Dunas de Balonmán, xa desaparecido, fundado en 1974 por Pepe Villar.
  • O Club Badminton Nigrán, que durante 12 anos proporcionou xogadores á selección española e galega.