O Concello de Nigrán sumarase á conmemoración das Letras Galegas este sábado 31 de outubro (nova data designada pola Real Academia Galega ao coincidir o 17 de maio en confinamento) co concerto de Xardín Desordenado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.

Esta programación especial en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero conta co apoio da Deputación de Pontevedra para actividades de dinamización da lingua galega. Como ven sendo habitual, o aforo estará limitado a 54 persoas para manter unha correcta distancia de seguridade.

A banda galega ‘Xardín Desordenado’, con máis dunha década musicando a poetas galegos, abordará no seu espectáculo gratuíto temas transcendentais para o autor homenaxeado, a súa relación co seu Ferrol natal, o seu compromiso social ou incluso a importancia que tiñan para él os seus encontros cos amigos.