O Concello de Nigrán celebrou hoxe, ás 13:00 horas, o seu primeiro pleno do mandato, de carácter extraordinario para poder determinar a nova organización política e funcionamento, conformando a corporación un total de 17 concelleiros (13 do PSOE e 4 do PP).

A proposta aprobada polo goberno inclúe que o alcalde asumirá a área de Contratación e a nova concellería de ‘Axenda 2030- Obxectivos de Desenvolvemento Sostible’, unha das premisas máis importantes na que traballa o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que González preside. «Dende o goberno local sí podemos contribuír a acadar no noso territorio estes obxectivos de desenvolvemento sostible aprobados pola asamblea xeral da ONU, e por iso considero esta nova concellería fundamental no ‘Nigrán para todos’ que estamos a construír», indicou. Pola súa banda, Raquel Giráldez, nova deputada provincial, levará igualmente Economía, Facenda e Emprego. Asemesmo, Rubén Rial e Diego García, manterán as súas dedicacións exclusivas coas mesmas áreas (Urbanismo, Medio Ambiente e Mobilidade, Réxime Interior e Persoal Diego García e Vías e Obras, Servizos Urbanos e Seguridade, Rubén Rial). A maiores, Rial, anterior segundo teniente de alcalde e Secretario Xeral do PSOE de Nigrán, asumirá agora a tenencia de Alcaldía, sendo para Marina Vidal (nova concelleira de Educación) a segunda tenencia.

O total dos 13 concelleiros terán áreas de responsabilidade e levarán areas novas como Terceira Idade, Medio Rural e Actividades Marítimas, Voluntariado, Educación e Deportes divídense en sendas concellerías… Os catro ediles con dedicacións parciais serán Bibiana Peixoto (Servizos Sociais); Cristina Dosil (Xuventude, Turismo e Participación Cidadá); Patricia Diego (Igualdade, Voluntariado e Comercio); e María Mayán (Terceira Idade). A maiores e sen adicación, Nuria Lorenzo levará Cultura; José Luis Sanromán repite en Deportes; Alfonso Vázquez continúa tamén en Sanidade, Abastos, Mercados, Turismo Social e Festexos Populares; Marina Vidal en Educación; e Ladislao Alonso asume Relacións Veciñais, Medio Rural e Actividades Marítimas.

Co voto favorable de toda a corporación determinouse pola súa banda que a Xunta de Goberno Local esté composta por Rubén Rial, Nuria Lorenzo, José Luís Sanromán, Alfonso Vázquez e Marina Vidal. Aprobouse 150 € por xuntas de goberno e comisións informativas (igualase a cantidade para favorecer a toda a corporación e non prexudicar á oposición, anteriormente as comisión informativas eran 125 €) e 250 € por asistencia a plenos . As persoas con adicacións non perciben retribución por estas cuestións.

Como novidade, e tamén co voto favorable de toda a corporación, os plenos ordinarios pasarán a celebrarse os últimos luns de mes ás 12:00 horas. «Despois de 8 anos con plenos ás 20:00 horas temos comprobado que ese horario non propiciaba a asistencia de máis xente e, pola contra, dificultaba o traballo dos medios que querían asistir para cubrilo e informar á cidadanía. En casos puntuais (temas como PXOM, Modificación das Normas…) proporase á corporación a súa realización no Auditorio Municipal e no horario que todos consideremos máis favorable», suliñou González.