A Asociación Cultural Breogán Valle Miñor, con May de la Peña e Paulo Conde xunto ao CCR Parada do Miñor, organizan a III Festa Celta do Lugnasad que se celebrará o vindeiro 28 e 29 de xullo, ás 20.00 horas na Área Recerativa Monte dos Mouros (MonteCastelo), Nigrán.
O evento é gratuito e a entrada é de balde, pero coma sempre, prégase aos asistentes que vaian vestidos para a ocasión, con atuendos celtas.
Programa
Sábado
- Ás 20:00 horas, apertura da festa co grupo de gaitas e percusión Breogán Valle Miñor.
- Xogos para nenos e nenas
- Ás 22:00 horas, actuación folk con Gonzalo Caride .
- Ás 23:00 horas, Vodas Celtas.
- Ás 00:00 horas, música e festa.
Domingo :
- Ás 11:00 horas, entrada dos grupo Treboada de Pinzás .
- Xogos para nenos e nenas .
- Ás 12:00 horas, actuación do grupo de gaitas e percusión Breogán Valle Miñor.
- Ás 13:00 horas, exhibición de cetrería .
- Ás 14:00 horas, degustación de migallas con chourizo.
- Ás 17:00 horas, exhibición de cetrería .
- Ás 19.00 horas, peche da festa.
As Vodas Celtas son o prato forte do Lugnasad
Neste ano todas as parellas anotadas casarán nun ritual celebrado polo druida Dani e gozarán dunha queimada de balde á que estará convidado despoís o resto do público.
Nestas Vodas o compromiso dura un ano, ata o vindeiro Lugnasad, e se non se renovan os votos o matrimonio desfaise. Nas antigas culturas célticas facíase sobre todo para probar a convivencia da parella. Tampouco hai que esquecer que daquela a muller ía ás guerras como os homes, e estas dábanse sobre todo no verán, polo que se un dos dous morría, o outro membro podía casar de novo e pasar coa nova parella o duro inverno.
O ano pasado casaron quince parellas
Na segunda edición da Festa Celta do Lugnasad casaron unha quince parellas vidas de todas partes de Galicia. Naquela ocasión celebráronse na praia de Patos.
Toda a información para anotarse: Festa Celta Nigrán.