O Concello de Nigrán, en colaboración coa librería especializada en literatura infantil e xuvenil ‘Donde viven los cuentos’, continúa este sábado o mes adicado á promoción da lectura entre os máis pequenos cun contacontos sobre intelixencia emocional a cargo da especialista Loreto Pertíñez.

Será ás 12:00 horas e, en caso de choiva ou ameaza de choiva, a actividade celebrarase no Auditorio Municipal en vez de na Praza do Concello. Os contacontos terán lugar tódolos sábados do mes de abril a mediodía e están dirixidos a cativos de entre 3 e 8 anos.