Francisco Fernández del Riego

Todos os veráns e primaveras que Paco del Riego paseaba en Nigrán adicaba parte dos seus días a pasear polo areal de Lourido. Son moitos os veciños que lembran ao escritor debatendo e compartindo conversas con amigos á beira do mar. Por iso, para festexar o legado do seu fillo pródigo, o Concello prepara xunto a Teatro do Ar unha serie de actividades ao longo da xornada do martes 16 de maio no areal de Lourido.

Ás 18.00 horas dous actores caracterizados como dous vellos veciños de Riego camiñarán ao redor da súa placa conmemorativa en Praia América. A idea é que estas dúas personaxes simulen que foron amigos de Riego e conten a todo o mundo que pasa por alí anécdotas da vida do escritor en Nigrán, unha maneira lúdica e divertida de poñer en valor o seu legado.

O guión está baseado na información extraída das actas e discursos que se redactaron cando o Concello nomeou a Riego fillo pródigo de Nigrán. Ás 20.00 h, no mesmo lugar, os vellos abrirán un acto oficial no que intervirán o alcalde, Juan González, un dos promotores do recoñecemento a Riego por parte do Concello, Carlos Méixome, e o escritor Antón Mascato. Durante esta celebración haberá música en directo da man da artista de Nigrán, Lucía Doval.